domingo, 24 de junio de 2012

Natureza morta que é vida


Xa cerca do remate da temporada facemos reconto de bolboretas. Quedan cinco vivas, pero por pouco tempo. O resto foron morrendo, mais non sen deixar centos de ovos que serán vermes na primavera de 2013.

domingo, 17 de junio de 2012

A breve e intensa vida das bolboretas

Fixemos algunhas fotografías de bolboretas, parellas acopladas e ovos e máis ovos. Ao saír do casulo, proceso que lles leva entre unha e dúas horas, as bolboretas soltan líquido, parece sangue. Ao pouco xa empezan os machos a buscar ás femias para acoplarse.



miércoles, 13 de junio de 2012

Metamorfoses

Dende o 31 de maio cada día saían bolboretas, ata 50 que temos hoxe, algunhas xa morreron, e hai ovos por todas partes. Aquí, a vista de paxaro, a mesma caixa da entrada anterior.



Esta fotografía foi tomada o 4 de xuño

domingo, 20 de mayo de 2012

Vista dende o satélite


A invasión dos casulos

Este ano os vermes comeron e medraron tanto que empezabamos a temer que non pararan. Mirade que gordechos.


Coller moreira, limpar as caixas, revisar a talla... Déronnos moito traballo. Aquí están Helena e Alicia de limpeza (o venres 11 de maio):



E por fin o pasado 14 de maio empezaron os primeiros vermes a facer o casulo. Estas fotos están tomadas con 24 horas de diferencia:


Cada día uns 5 ou 6 vermes deixaban de comer e comezaban a buscar un recuncho onde pegar a seda. Houbo que axudarlles construindo paredes de cartón.



O máis efectivo resultaron finalmente as caixas de ovos, teñen un tamaño moi axeitado para un ou dous vermes:




Aínda que os casulos son todos amarelos, apréciase nesta fotografía a diferencia de cor. Se non vixiamos é frecuente que os vermes comecen a tecer a seda na tapa da caixa, como lles pasou a Pablo e Manoel:

jueves, 17 de mayo de 2012

Sete pares de patas


Pinchando na foto podedes vela ampliada. Paga a pena.

Vermes viaxeiros

Xa coa temporada bastante adiantada, aínda regalamos vermes a algúns amigos: a Felisa, para as súas nenas Elsa e Alda; a Pablo, da clase de 6º, que non lle quixo dicir a súa nai que nolos pedira por medo a que non lle deixase crialos; a Manel e Pablo H., tamén alumnos do Quiroga Palacios, que enviaron esta luminosa foto tomada o 7 de maio para ilustrar o blog. Grazas! Vese nela o ben coidados que están.